Encontro Escolas Deportivas Pazo Paco Paz
(18.03.2023)
O pasado venres, cativos e cativas integrantes das PazoEscolas, foron os anfitrións na xornada celebrada con outras escolas deportivas da provincia (fútbol sala de Xinzo de Limia e Maceda, e de baloncesto de Xinzo de Limia, San Cibrao e Maceda).
Un evento, organizado polo Servizo de Deportes da Deputación de Ourense , con sede neste Pazo Paco Paz, que fomenta a práctica deportiva dende idades temperás, o traballo en equipo, a obtención de valores e o desenvolvemento persoal.
Houbo diferentes partidos entre as agrupacións participantes e a escola de baile do Pazo puxo o broche final a este encontro.
Maratóns FITBIKE
(15.03.2023)
Éxito de participación nas dúas sesións de MARATÓN de FITBIKE, celebradas os días 9 (ás 9:30 h) e 14 de marzo (ás 19:30 h), dirixidas polos monitores Hugo, Paco e Diego,
En cada sesión, 100 minutos de actividade física intensa con percorridos virtuais, en ocasións, moi esixentes . Os que lograron finalizar a proba, que foron a maioría, recibiron unha camiseta como agasallo.
Horarios especiais Ponte do Entroido
(06.02.2023)
Axenda especial de clases colectivas para o luns de entroido, día 20 de febreiro.
➖Os servizos de Fisioterapia e Spa , estarán dispoñibles ata as 20:00h., hora de peche das instalacións.
➖Non haberá escolas deportivas, nin o luns, nin o mércores, días 20 e 22 de febreiro.
➖O martes de entroido estará pechado por festividade local.
Aproveitamos para desexarvos FELIZ ENTROIDO‼️
Maratón FITBIKE
(03.03.2023)
Os días 9 (ás 9:30 h) e 14 de marzo (ás 19:30 h), teremos sesións de MARATÓN de FITBIKE.
Serán 1️⃣0️⃣0️⃣minutos a "toda roda"‼️, da man dos monitores, Hugo, Paco e Diego.
E se consigues rematar a sesión, unha camiseta de agasallo!
(Participación por rigorosa orde de chegada)
Contamos contigo??
Entroido no PAZO PACO PAZ
(31.01.2023)
O venres, 17 de febreiro, celebraremos a FESTA DO ENTROIDO.
Infórmate na Ludoteca e, participa da troula !!