Apostamos por mellorar a calidade de vida e a sáude

Manuel Baltar

Convencidos de que favorecer e promocionar o deporte é un servizo dos mellores que se lle poden ofrecer ós cidadáns, a Deputación de Ourense dedica cada temporada unha importante dotación dos seus orzamentos para axudar a deportistas, clubs, federacións e organizacións deportivas en xeral, co desexo de que a práctica deportiva chegue ó maior número posible de cidadáns. O constante esforzo que o organismo provincial vén facendo ó longo destes últimos anos no Pazo dos Deportes “Paco Paz”, creando novos espazos deportivos, innovando, formando ós seus técnicos, poñendo en valor as infraestruturas técnicas máis actuais e en xeral promocionando o deporte do día a día, veñen sendo unha clara manifestación do compromiso da Deputación co deporte ourensán. O Pazo dos deportes “Paco Paz” é unha instalación deportiva da que me sinto especialmente orgulloso e satisfeito polo traballo levado a cabo polo grupo humano que participa no seu desenvolvemento. Esta web, e a incorporación das informacións inmediatas a través de facebook e twitter, teñen unha clara vocación de servizo, que o Pazo pon ó dispor dos seus usuarios e de todos os cidadáns. Unha ventá aberta dende a que informarse dende calquera lugar e a calquera hora. Manuel Baltar. Presidente da Deputación de Ourense