Fitness para adultos

O fitness “boa forma” é un estado xeralizado de benestar e saúde física. A saúde física é o resultado da actividad física regular, e duna dieta e nutrición axeitados.

A actividade física favorece a flexibilidade, a forza muscular e resistencia cardiovascular, a axilidade, velocidade, equilibrio, tamén potencia a constancia e a disciplina.

Os mellores profesionais que che axudarán a armoniza-lo proceso da preparación física e os seus beneficios, ó teu nivel de fitness.

Unha sala de fitness e musculación funcionando de forma ininterumpida de 6:45 da mañá a 23:00 da noite, coa presencia e asesoramento dun monitor deportivo permanente.

Cinco salas con actividades funcionando simultaneamente ó longo do día; máis de 130 horas semanais, 35 tipos de clases distintas compoñen unha extensa e variada oferta: aeróbic, step, tonificación, salsa e latinos, jazz, hip-hop, funky, fit-bike, bosu, boxing e saco box, glúteos, abdominais e pernas, rítmos latinos, mantemento, power dumbell, zumba, circuítos express, solo pélvico e corrección postural, mat-work, estiramentos, método pìlates...

Máis de 10 anos de experiencia avalan os nosos programas. Sempre na vangarda. Coa orientación dos nosos monitores e os mellores medios materiais nas nosas salas, acadarás formar parte e integrarte no noso principal obxectivo: “o deporte –saúde.