Escolas deportivas

As escolas deportivas pretenden ser unha forma de iniciación ó deporte para as nenas e nenos, dun xeito lúdico e ó mesmo tempo organizado. En moitos casos é a primeira vez que os nosos nenos toman contacto co deporte, e constitúen unha forma axeitada de fomentalo. Contribúen tamén ó seu desenvolvemento como persoas e axudan a fomentar hábitos de vida saudables.

Dende a Deputación de Ourense, sendo conscientes desta realidade, poñemos á disposición dos nenos e dos seus pais, os nosos recursos humanos e materiais, intentando mellorar cada ano que pasa. Monitores cualificados e espazos deportivos adaptados, son o noso método de traballo.

O período das escolas coincidirá co calendario lectivo escolar, descansado ademais dos festivos as vacacións regulamentarias.

Os participantes deberán estar incluídos na cartilla da seguridade social dos seus pais ou titores, ou calquera outro seguro, para deste xeito prever calquera tipo de continxencia que se orixine coa práctica deportiva.

PREZOS:

  • 23,60 € trimestre
  • 71,00 € temporada

Descargar:               FICHA  INSCRICIÓN       DÍPTICO ESCOLAS