Pavillón principal

Pista polideportiva de piso de faia, cunhas medidas de 57,50 por 32 metros, para a práctica de baloncesto, fútbol sala, voleibol, ximnasias, e demais disciplinas deportivas. Ó longo da temporada deportiva é alugada por equipos, clubs, federacións, asociacións e usuarios en xeral para adestramentos, encontros oficiais de ligas, celebracións de Copas Deputación, deporte escolar…

Asimesmo tamén se celebran de forma periódica os encontros oficiais do Club Ourense Baloncesto na liga "LEB ORO" e en tódalas categorías inferiores. Para a vindeira temporada esperamos a participación do C.O.B. na LIGA ACB.

PLANNING OCUPACIÓN 2016 - 2017