Normas de obrigado cumprimento Pazo deportes

  • O pagamento de recibos realizarase entre os días 1 e 8 de cada mes, con carácter improrrogable.
  • Os usuarios que desexen interrumpir a actividade, estan obrigados a comunicalo antes do día 30 de cada mes, do contrario xerarase o seguinte recibo, quedando obrigado a pagalo aínda que non asistan.
  • Calquera cambio na modalidade de usuario ou forma de pagamento deberase comunicar antes do día 30 de cada mes, e só se fará efectivo no mes seguinte.
  • Para domicilia-los recibos deberase comunicar entre os días 1 e 8 de mes, de comunicalo despois o recibo pasarase ó banco xunto co do mes seguinte.
  • A modalidade de quincena só se permitirá cando o usuario comece a actividade a partir do día 16 do mes.
  • Unha vez que estea asignada modalidade ou tipo de usuario, non se permitira cambio ningún mentres dure o período de tipo de aboado (anual, mensual, quincenal).
  • Para acceder ó Pazo é obrigatorio a presentación do carné de usuario.
  • O extravío do carné suporá a súa renovación co conseguinte pagamento de 1,00 €.
  • A idade mínima para acceder ós programas de fitness para adultos será de 16 anos, ou 15 anos con autorización paterna, e informe favorable do responsable da “sala de fitness”.
  • Por elementais razóns de hixiene é obrigatorio o uso da toalla na “sala de fitness” e nos asentos da sauna e do baño de vapor.
  • Tamén é obrigatorio o uso de calzado deportivo en tódalas salas, e non se poderá acceder a elas co calzado (aínda que sexa deportivo) se se trae posto dende o exterior das instalacións.

ACONSELLÁMOSLLE QUE DOMICILIE OS SEUS RECIBOS. NON TERÁ ESPERAS E SERALLE MÁIS CÓMODO