Pazolandia

Dende o ano 1993, e de forma ininterrompida, ven abrindo as súas portas no Pazo durante o nadal.

Pazolandia é unha iniciativa da Deputación provincial, que nace coa pretensión de ser lugar de encontro e diversión para os nenos e nenas da provincia, nunhas datas tradicionalmente familiares, que invitan ó lecer e ó descanso. Un gran parque de atraccións no que se dan a man todo tipo de actividades para tódalas idades: dende nenos de dous anos ata xoves de dezaoito. Sen esquecer que, ó ser unha actividade familiar, tódalas idades teñen acomodo en Pazolandia.

En máis de 8.000 metros cadrados de actividades , Pazolandia organiza tres espazos claramente diferenciados: no exterior onde se atopan as atraccións de maior tamaño e para nenos maiores, no pavillón auxiliar para os máis cativos e por último no pavillón principal onde se atopan o maior número de atraccións, obradoiros e actividades.

Milleiros de nenas e nenos da capital, provincia e de toda Galicia, visitan Pazolandia.