Convocatoria de subvencións a entidades deportivas e entidades sen ánimo de lucro para realización de “Eventos Deportivos 2015”

A Deputación de Ourense achega este ano un total de 130.000 euros para a realización de actividades deportivas e organización de eventos deportivos, segundo a convocatoria de 2015 aprobada pola Xunta de Goberno da institución provincial. As bases publicáronse no B.O.P. nº 34 do día 11 de febreiro do ano que andamos.

Polo que atinxe aos eventos deportivos, a achega aprobada pola Deputación de Ourense ascende a 70.000 euros, que irán destinados a actividades físico-deportivas de carácter específico e puntual, que impliquen a práctica de disciplinas deportivas recoñecidas polas federacións deportivas, ou actividades físicas semellantes, ben sexa con carácter competitivo ou con carácter non competitivo, tales como xornadas deportivas, campionatos e torneos, carreiras, andainas e rutas de sendeirismo, marchas ou rutas cicloturistas, rutas en piragua, rutas e carreiras a cabalo.Poderán ser beneficiarios da convocatoria aquelas entidades deportivas e outras entidades sen ánimo de lucro con enderezo social na provincia de Ourense, que contemplen nos seus estatutos, como obxecto social, entre outros, a promoción e difusión do deporte na nosa provincia. No caso de eventos propostos por estruturas federativas, a solicitude poderá proceder da federación galega da modalidade respectiva.O prazo de presentación de solicitudes tamén será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia.

Documentación (bases e anexos)