Convocatoria de subvencións a “Deportistas ourensáns cualificados” en modalidades deportivas individuais do ano 2014

Convocatoria de concesión de subvencións a “Deportistas cualificados ” correspondente o exercicio de 2014, que poderán solicitar os deportistas de disciplinas individuais que reúnan os requisitos establecidos na indicada convocatoria, cunha dotación económica global de 25.000 euros, e cunha contía máxima por cada beneficiario de 3.000 euros. As bases foron publicadas no Boletín Oficial da provincia número 276, do 1 de decembro de 2014, e o prazo remata ó mes do día seguinte a súa publicación no B.O.P.

O obxecto destas bases é a regulación da convocatoria pública por parte da Deputación Provincial de Ourense para a tramitación mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, de subvencións a deportistas ourensáns cualificados en modalidades deportivas individuais, coa finalidade de fomentar a práctica deportiva e incentivar aos deportistas ourensáns cualificados mediante o recoñecemento da súa traxectoria e rendemento deportivo.

Documentación (bases e anexos)