Convocatoria de subvencións para "Clubes deportivos 2015” cunha dotación de 400.000 euros.

A Deputación de Ourense ven de convocar as axudas a clubs deportivos 2015, cunha dotación económica global 400.000 euros, o que supón un incremento de 50.000 euros con respecto a convocatoria do pasado exercicio. O prazo de presentación de solicitudes da convocatoria de concesión de subvencións a “Clubs Deportivos de Ourense” da tempada deportiva 2014-2015 remata ó mes da publicación das bases no B.O.P. Poderán solicitar os clubs deportivos da provincia de Ourense que reúnan os requisitos establecidos na indicada convocatoria. As bases foron publicadas no Boletín Oficial da provincia número 297, de 29 de decembro de 2014, cunha contía máxima por cada beneficiario de 21.000 euros.

O obxecto destas bases é a regulación da convocatoria pública por parte da Deputación de Ourense para a tramitación e concesión de subvencións mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, coa finalidad de financiar parcialmente os gastos derivados da súa participación nas competicións deportivas durante a presente temporada 2014-2015.

A convocatoria inclúe os correspondentes anexos que ,deberán cubrir os clubs , para facer máis doada a presentación de documentos, que lle servirán de base á comisión avaliadora para realizar a correspondente proposta de concesión de subvencións.

Documentación (bases e anexos)